Cursos en el extranjero Beca Xunta de Galicia
![]() |
QUE SON?
- Son bolsas que concede a Xunta de Galicia para o aprendizaxe e perfeccionamento dun segundo idioma nun país da Unión Europea.
- O importe da bolsa é de 1.100 €uros e o ingresan una vez que se fixo o curso.
REQUISITOS
- Estar matriculado no curso 2009/2010 nunha universidade de Galicia ou nalgún centro asociado da UNED de Galicia nalgunha titulación de grado, de 1º ou 2º ciclo, o máster universitario.
- Ter unha nota media igual ou superior a 1,50 puntos. No caso de alumnos de ensinanzas técnicas aplicarase un coeficiente corrector de 1,35 puntos.
- Ter superado, no momento da presentación da solicitude, 60 créditos en titulacións de grado e de 1º ciclo ou 120 créditos en titulacións de 2º ciclo. No caso de máster, hai que ter superados os estudos que dan acceso a elles.
- Estar matriculado neste curso cun mínimo de 50 créditos e no caso de máster universitario presencial, dun mínimo de 60 créditos.
- Realizar un curso de mínimo 3 semas e 15 horas lectivas por semana, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2010.
- Quedan excluídos os alumnos que xa resultasen beneficiarios anteriormente e os alumnos que este curso 2009/2010 sexan adxudicatarios dunha axuda de mobilidade Erasmus para perfeccionar o idioma do país.
COMO SOLICITARLA?
Hai que presentar a seguinte documentación no Rexistro da Xunta ou por correo certificado a “sobre aberto” onde conste o selo de entrada do funcionario de correos na documentación antes de enviala.
- Solicitude cuberta. Podela descargar no seguinte enlace: http://www.xunta.es/formularios/generarPlantillaPDF?conselleria=ED&procedimiento=416A&version=0.0&idioma=es_ES
- Fotocopia do DNI do solicitante.
- Certificado académico ou copia compulsada coa nota media do expediente.
- No caso de estudantes de máster, ou de 2º ciclo que veñen dunha titulación de 1º ciclo, teñen que presentar tamén o certificado académico dos estudos anteriores.
- Xustificante da matrícula do año 2009/2010.
· Programa do curso no que consten:
ü Período de duración do curso.
ü Número de horas lectivas.
ü Lugar do destino.
· Declaración persoal do solicitante conforme non percibe nin solicitou ningunha outra axuda para realizar este tipo de curso. Pódela descargar no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/web/node/628
- Documento do banco no que conste o teu número de conta completo e o teu nome como titular.
O PRAZO DE SOLICITUDE FINALIZA O 30 DE ABRIL, pero debes realizala túa solicitude canto antes.
Para mais información podes descarga-la convocatoria no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/web/node/628
+ info
EuroLingua Sede principal
Avda Finisterre 194 Entrepl 15010 A Coruña
Telf. 981 25 72 90
FAX.- 981 26 09 35
e-mail.- info@venairlanda.com
webs amigas
